Vigo, única cidade de España co orzamento de 2016 aprobado
Os votos do goberno de Vigo validaron este luns as contas para o ano que vén, un orzamento de "marcado carácter social", en verbas do concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, que ascende a 225,9 millóns. O alcalde, Abel Caballero, valorou que a "estabilidade política" no Concello permite a Vigo ser a única entre as "cidades importantes" do Estado en ter o seu orzamento do 2016 xa aprobado.
Co rexeitamento dos grupos municipais na oposición e os votos dos edís de goberno, o Concello de Vigo ten aprobado definitivamente o seu orzamento para 2016, 225,9 millóns de euros de "marcado carácter social" que adican "75 euros de cada 100 para as persoas", segundo asegurou o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros.
Tras a celebración na mañá desde luns da sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou que a "estabilidade política" existente no Concello permite á cidade olívica ser a primeira entre as importantes de España cun orzamento para 2016 xa ratificado.
En declaracións aos medios, Caballero explicou que a base do texto é a política de benestar e o emprego, e estimou en máis de 3.000 os postos de traballo xerados pola administración local entre plans directos e os investimentos públicos municipais previstos para o próximo ano.
O rexedor tamén puxo en valor que Vigo é a única cidade española con "débeda cero" -cando a media entre as urbes do país sitúase no 110% do orzamento- e a que ten a presión fiscal máis baixa de Galicia, un 25% inferior á de A Coruña e a metade que en Madrid. Ademais, o Concello é a segunda institución do Estado que antes paga aos seus provedores.
Debate plenario
Aneiros defendeu unhas contas que integran os organismos autónomos na estrutura municipal e conlevan un incremento económico sobre 2015 do 7,8% para educación, do 12,9% en materia deportiva e de máis do 100% en investimentos, e todo "cunha situación financeira de saneamento total e débeda cero". O concelleiro de Facenda explicou que os dezasete escritos presentados a alegacións foron resoltos desfavorablemente ben por non cumprir a normativa, ben por ser peticións xa incluídas no proxecto de orzamento municipal.
O edil salientou algunhas das partidas sociais máis relevantes, como os 3,1 millóns para o Servizo de Axuda no Fogar, 1,6 millóns para as chamadas "tarxetas da dignidade", a teleasistencia, os 800.000 euros do fondo antidesafiuzamentos, os case 2 millóns para bolsas de comedor e libros e os 1,4 millóns para bolsas de inglés, entre outras.
O voceiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, indicou que os orzamentos "teñen que volver atrás" para ser elaborados de forma "participativa" e advertiu de posibles "consecuencias" nos ingresos derivadas da anulación xudicial do Plan Xeral. Polo PP, Elena Muñoz censurou que non se aceptase emenda algunha das propostas polo seu grupo, asegurou que as contas "non gustan a ninguén" e tamén ve repercusións negativas nos ingresos pola supresión do PXOM.
A este respecto, o concelleiro de Facenda citou normativa legal e xurisprudencia para aclarar que a incidencia no capítulo de ingresos da sentencia sobre o Plan será "cero" pero aínda así se realizará un seguimento trimestral para analizar e garantir o cumprimento das previsións.