O Concello cederá solo á Fundación Amancio Ortega para a construción dunha escola infantil
O alcalde mantivo un encontro este mércores con Óscar Ortega, director xeral da Fundación Amancio Ortega, quen lle propuxo ao Concello a cesión dun terreo para a construción dunha escola infantil na cidade. A obra sería responsabilidade da Fundación e a xestión da Xunta de Galicia. O rexedor confirmou a cooperación municipal pero demandou presenza na xestión do centro educativo.
A Fundación Amancio Ortega quere construír unha escola infantil na cidade, nun proxecto para o que precisa a colaboración do Concello mediante a doazón dun terreo no que situala. Esta foi a proposta que lle fixo esta mañá Óscar Ortega, director xeral da Fundación Amancio Ortega, a Abel Caballero quen manifestou o apoio do goberno local: "nós imos cooperar. Co modelo que temos enriba da mesa buscaremos un espazo na cidade e, se nós poñemos o solo, queremos ter presenza na xestión da escola. Ten que pagala a Xunta pero nós temos que ter presenza polo que lle pediremos á Xunta un convenio adicional".
O rexedor recibiu de Óscar Ortega un modelo no que se especifican as características do centro educativo e explicou que o procedemento para sacalo adiante implica que a Fundación se encargue da obra e da dotación do equipamento, a Xunta de Galicia será a responsable do mantemento e do custe e o Concello proverá o solo. Con todo, di o alcalde, que "sería difícil que poida erguerse na zona máis céntrica da cidade, onde hai máis demanda". Sobre os prazos construtivos, apuntou que as obras comezarán cando poñamos o solo á súa disposición, polo que o Concello estudará a proposta "no tempo máis breve posible".
Abel Caballero engadiu que lles transmitiu aos responsables da Fundación Amancio Ortega que "estamos encantados de que fagan esta acción na cidade, vén moi ben; en Vigo precísanse escolas infantís, polo tanto o noso recoñecemento por querer estar en Vigo".
Descargar todas as imaxes