venres, 11 dec 2015
                    Logo do encontro mantido con representantes de 25 organizacións representativas da cidade este venres no Concello, o rexedor sinalou o "grande consenso" existente  para retomar o Plan de 2008 e levalo adiante cunha tramitación rápida, solicitando a declaración de supramunicipalidade á Xunta nalgúns casos. Ademais, incidiu na vixencia das licenzas concedidas ao amparo do plan anulado polo Supremo.   
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    venres, 11 dec 2015
                    Así o anunciou este venres o alcalde de Vigo, quen apuntou que a contratación da reforma desta bancada do estadio de Balaídos inclúe a nova cuberta e conleva un investimento municipal de 4,6 millóns. Xunto ao procedemento en marcha na zona de Río, o Concello ten en tramitación o 65% do aforo do recinto deportivo, asegurou Caballero.
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    venres, 11 dec 2015
                    VIGO NADAL, que comezou esta semana coa apertura das pistas de xeo e trineos en Samil, oferta concertos, panxoliñas, espectáculos, circo e contacontos en todo Vigo. Ademais, o goberno local organiza o Parque Infantil de Nadal "Illas Cíes", para aprender de forma lúdica a riqueza natural, cultural e histórica do arquipélago vigués
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 11 dec 2015
                    O artista Mingos Teixeira oferta unha serie de encontros coas persoas presentes en sala para a exposición "Alicia no país das marabillas", que ten lugar na planta baixa da Casa das Artes ata o 10 de xaneiro de 2016. Os encontros serán os domingos 13 e 27 de decembro, 3 e 10 de xaneiro, de 12:30  a 14:00 h; e os mércores 16, 23 e 30 de decembro, de 19:00 a 20:30 h. <br />
<br />
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 11 dec 2015
                    A Concellería de Cultura programa o domingo día 13 de decembro un concerto do grupo LADIBAIN, que terá lugar ás 20:00 h no Teatro Afundación Vigo. Baixo o título "La vie en rose, unha viaxe musical con Ladibain", ofrécese un espectáculo no que a interpretación está acompañada de diálogos e escenificación dos intervenientes, que serve de fío condutor entre as diferentes interpretacións.
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    venres, 11 dec 2015
                    Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das carreiras que se van celebrar o vindeiro domingo 13 de  decembro  de 2015, veranse limitadas ao tráfico as seguintes rúas:
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    venres, 11 dec 2015
                    Co fin de  facilitar a mobilidade en xeral no centro da cidade, debido á maior afluencia de persoas e vehículos, co gallo das festas do Nadal, compre o establecemento de medidas provisorias na zona urbana interior ao arco delimitado polas  rúas:Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Avda. Martínez Garrido, Estación de Autobuses, Avda. Arquitecto Palacios, Avda. Castrelos, Avda. Portanet, Avda. Citroën, circunvalación Oeste ata Bouzas, establécense as seguintes restriccións: