Encontros co artista Mingos Teixeira na exposición "Alicia no país das marabillas"
O artista Mingos Teixeira oferta unha serie de encontros coas persoas presentes en sala para a exposición "Alicia no país das marabillas", que ten lugar na planta baixa da Casa das Artes ata o 10 de xaneiro de 2016. Os encontros serán os domingos 13 e 27 de decembro, 3 e 10 de xaneiro, de 12:30 a 14:00 h; e os mércores 16, 23 e 30 de decembro, de 19:00 a 20:30 h. <br /> <br />
Nesta exposición, o espectador gozará dunha síntese creativa multidisciplinar onde a pintura se mestura coa música, o teatro, o mundo audiovisual e a literatura nunha experiencia cultural que non lle deixará indiferente. É unha exposición onde Alicia será o alter ego de Mingos Teixeira e as súas aventuras representarán as analoxías das diferentes etapas evolutivas como artista ao longo das últimas catro décadas.
Esta mostra pretende ser unha visión evolutiva de corenta anos de creación dun artista cun evidente traballo de reflexión, investigación e método ao servizo do espírito; a través dos diferentes ciclos pictóricos, poderemos observar ese traballo de investigación ao que somete a súa propia obra, en continuo diálogo consigo mesmo, avanzar e retroceder, continua metamorfose sempre ao redor do seu propio método e técnica, pintura aparentemente evocativa e intuitiva que se transforma en mental e analítica, un artista que emprega as súas ferramentas coa mesma exactitude con que o poeta utiliza as palabras.
Descargar todas as imaxes