O goberno municipal aluga tres plantas do Mar de Vigo para emprazar unha biblioteca e a UNED<br />
A Xunta de Goberno Local adoptou este venres a decisión, que suporá o traslado das aulas da UNED de Vigo á terceira planta do Auditorio Pazo de Congresos, a apertura dun espazo de lectura na segunda e un novo proxecto educativo-cultural no primeiro andar. O alcalde xa adiantou que solicitará a impartición en Vigo de novas carreiras desta Universidade, que se sumen ás 13 titulacións xa concedidas.
Abel Caballero informou este venres da decisión de alugar tres plantas no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo para trasladar as aulas da UNED da cidade (hoxe nun edificio do Casco Vello) e abrir un novo espazo de lectura-biblioteca de uso público.
O rexedor explicou que a primeira das tres plantas alugadas acollerá un proxecto de tipo educativo-cultural que non desvelará, segundo afirmou, ata que remate a campaña electoral das xerais do 20 de decembro. No segundo andar, segundo abondou, o goberno de Vigo emprazará a que será a sala de lectura-biblioteca máis grande de Vigo, con "case 2.000 metros cadrados" de superficie e de uso aberto a toda a cidadanía. As aulas da UNED ocuparán a superficie contratada na terceira planta.
A preguntas dos xornalistas, o alcalde revelou que o contrato ten un custo anual algo superior aos 650.000 euros e o prazo do aluguer é de 20 anos, prorrogables en periodos de tres anos. Caballero conta con poder ter dispoñibles tanto as novas aulas da UNED como a sala de lectura para a época de exames de maio.
Abel Caballero confirmou que o goberno que preside solicitará que a sede viguesa da Universidade Nacional de Educación a Distancia imparta novas titulacións, que se engadan ás 13 carreiras xa comprometidas para Vigo: Dereito, Enxeñería en Tecnoloxías da Información, Enxeñería Informática, Turismo, Educación Social, Estudos Ingleses: Lingua, Literatura e Cultura, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Ambientais, Psicoloxía, Ciencia Política e da Administración, Xeografía e Historia, Pedagoxía e Historia da Arte.