O alcalde salienta o apoio das entidades sociais, veciñais e deportivas á proposta do Concello de retomar o Plan do ano 2008
Logo do encontro mantido con representantes de 25 organizacións representativas da cidade este venres no Concello, o rexedor sinalou o "grande consenso" existente para retomar o Plan de 2008 e levalo adiante cunha tramitación rápida, solicitando a declaración de supramunicipalidade á Xunta nalgúns casos. Ademais, incidiu na vixencia das licenzas concedidas ao amparo do plan anulado polo Supremo.
A xuntanza celebrada este venres na Casa Consistorial entre Abel Caballero e 25 organizacións sociais, veciñais e deportivas viguesas para abordar o Plan Xeral de Ordenación Municipal concluíu co "apoio unánime" das entidades á proposta do goberno local de "retomar o núcleo central do Plan do ano 2008, levalo adiante en tramitación moi rápida e solicitar accións á Xunta de Galicia en ámbitos urbanísticos supramunicipais", tal e como explicou o rexedor, quen tamén recibiu o recoñecemento dos colectivos pola resposta rápida dada polo Concello á sentenza do Tribunal Supremo.
Logo de ter mantido reunións con entidades sindicais, profesionais, empresariais, sociais, culturais, deportivas e educativas, o alcalde sinala que "hai un grande consenso na cidade" para refacer a tramitación do PXOM partindo do documento de 2008 e "levalo adiante a velocidade moi notable. Isto e a cooperación da Xunta debe conseguir que os efectos colaterais indesexados do plan anulado polo Supremo sexan moi menores". Tamén quixo agradecer Caballero a resposta de Vigo a esta situación e apuntou o traballo conxunto para ser quen "no prazo de dez días de retomar o plan, ordenalo, acelerar a resolución e buscar unha saída", algo ao que contribúe a "estabilidade política na cidade".
O alcalde celebrou este venres unha xuntanza con representantes da empresa Benteler Automotive, que ten un proxecto de ampliación en Vigo "ao que lle imos dar todas as garantías para o seu desenvolvemento, aclarándolle que non se ve afectado e que poden seguir adiante". A rolda de encontros seguirá a próxima semana con máis empresas ás que dende o goberno local lle explicará cal é a situación das súas licenzas, aclarando que as concedidas ao amparo do ano 2008 "están todas en vigor e non decaen, seguen sendo efectivas polo tanto aqueles que tiñan licenza, que estaban en proceso de obra ou a piques de empezalo poderán seguir co mesmo procedemento".
Supramunicipalidade da estación do AVE
Abel Caballero tamén se pronunciou sobre a proposta realizada pola Ministra de Fomento, Ana Pastor, que suxeriu que a ordenación urbana da estación do AVE e da Estación Intermodal de autobuses se faga por procedemento supramunicipal. "Compártoo enteiramente anunciando que lle trasladará á Xunta de Galicia o apoio do Concello a esta idea.