Concerto do grupo Ladibain o 13 decembro
A Concellería de Cultura programa o domingo día 13 de decembro un concerto do grupo LADIBAIN, que terá lugar ás 20:00 h no Teatro Afundación Vigo. Baixo o título "La vie en rose, unha viaxe musical con Ladibain", ofrécese un espectáculo no que a interpretación está acompañada de diálogos e escenificación dos intervenientes, que serve de fío condutor entre as diferentes interpretacións.
Ladibain é un proxecto musical que nace en Vigo no ano 2014, liderado pola mezzosoprano viguesa Nuria Lorenzo, co que se mergulla en novos terreos de fusión do jazz e soul, sen chegar a perder con isto a característica impronta lírica que imprime a intérprete nas súas actuacións. Forman parte deste proxecto tamén Karolis Biveinis como pianista, Ángel Martínez no baixo eléctrico e bouzouki, e o batería Noli Torres.
Neste concerto contarán como artistas invitados con Andrea García, acordeón, Óscar Dorado, trombón, e as voces do Coro Gli Appassionati de Vigo.
O acceso será mediante invitación, ata completar a capacidade, a retirar na entrada do teatro o propio domingo día 13, de 12:00 a 14:00 h e de 17:30 a 19:30 h.