Escoitar

O alcalde ve "cohesión" en Vigo tras a anulación do PXOM e anuncia "decisións" para a próxima semana

Caballero adicará esta semana a reunións con colectivos da cidade -como as celebradas este luns con sindicatos e colexios de abogados, aparelladores e arquitectos- e será na próxima cando o goberno de Vigo adopte "decisións" para "minimizar o impacto" da anulación xudicial do Plan Xeral. O alcalde considera "moi importante a cooperación doutras administracións" para acortar a tramitación urbanística.

luns, 7 dec 2015
1449495307colegiosprofesionales.JPG
Con reunións cos principais sindicatos e os colexios de Avogados, Aparelladores e Arquitectos, o alcalde de Vigo iniciou este luns a rolda de contactos para explicar o proceder municipal e pulsar a opinión dos colectivos e entidades da cidade tras a anulación do PXOM vigués por parte do Tribunal Supremo.

Abel Caballero trasladóulles que o Concello activará dúas liñas de actuación de forma simultánea. Por unha parte, o goberno local planteará a mesma filosofía urbanística existente no Plan Xeral de Ordenación Municipal de 2008, o mesmo modelo de cidade, "por razóns de rapidez na tramitación". En segundo lugar, os aspectos de importancia e que xa estean administrativa en marcha serían tramitados por mecanismos urbanísticos autonómicos.

Sobre esta última vía, Caballero confirmou que entrarían neste procedemento a Cidade da Xustiza, a ampliación do polígono de Balaídos para dar servizo á factoría de PSA Peugeot Citroën e, "se a Xunta de Galicia quere", a estación intermodal de Urzáiz. Tanto a primeira como a terceira xa son de competencia autonómica, recordou o rexedor, quen avanzou que o goberno que preside estuda a posibilidade de incluir un cuarto proxecto neste procedemento.

O alcalde vigués indicou que existe un "consenso importante" tras as reunións desta mañá cos representantes sindicais e dos colexios profesionais e adiantou que continuará recabando a opinión de colectivos ao longo desta semana. A próxima, explicou, comezará coa toma de decisións para que non exista "ningunha dilación" na cuestión urbanística. En Vigo, abondou Caballero, o Concello está a promover un clima de "cohesión" para que a tramitación sexa "o máis rápida posible" e poder así "minimizar o impacto" causado pola anulación xudicial do Plan de Vigo.

Cooperación institucional
No tocante á relación con outras administracións, o goberno de Vigo procurará contar cun planeamento "o antes posible", en verbas de Caballero, "e aquí é moi importante a cooperación doutras institucións". Recordou o alcalde que na cidade existe maioría suficiente -"non dependemos doutros", afirmou-, co que a "celeridade" e a "capacidade de decisión" é "total" na administración municipal.

Caballero agradeceu a cooperación comprometida pola Xunta de Galicia nunha reunión mantida polo alcalde coa conselleira de Medioambiente e revelou que "imos solicitar o mesmo do Goberno de España" que saia dos comicios do 20 de decembro. O Estado ten que emitir informes en materia de costas e de infraestruturas, explicou. A colaboración das tres administracións públicas suporía un "acortamento de todos os prazos", concluíu.

Seguridade xurídica
Caballero tamén garantiu que "a seguridade xurídica do urbanismo en Vigo é total" tras a anulación do PXOM de 2008, ao pasar a estar en vigor o planeamento anterior, do 1993. O rexedor trasladou á cidadanía que "incertidumbre, ningunha" ao respecto e avanzou reunións con empresas para clarificar este aspecto.
1449495307colegiosprofesionales.JPG
1449495315sindicatos.JPG
Descargar todas as imaxes