Escoitar

MEDIDAS DE TRÁFICO CON MOTIVO DAS CARREIRAS POPULARES

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das carreiras que se van celebrar os vindeiros días, sábado 5 de decembro e 8 de decembro de 2015, veranse limitadas ao tráfico as seguintes rúas:

venres, 4 dec 2015
5 de decembro de 2015- V CARREIRA SOLIDARIA NOCTURNA DE BEMBRIVE
Saída 20.00h dende Praza do Mosteiro (Estrada de Bembrive)para seguir pola rúa Igrexa, Subida Monte Calvario, rúa Mandín, Cño. Dos Novelos, Cño. De Espedrás, e volta a Estrada de Bembrive, onde rematará.

8 de decembro de 2015 :  II CARREIRA POPULAR FUNDACIÓN CELTA DE VIGO-INVASIÓN CELESTE -
Saída 12.00h da rúa Val Miñor e seguindo pola rúas Citróen, Olimpicos, Fragoso, Val Miñor, Alcalde Portanet, Avda de Castrelos, Parque de Castrelos, Alcalde Portanet(direccion contraria al sentido da circulación), rúa Citróen (dirección contraria ao sentido da circulación), avda da Florida, Paseo do Lagares, rúa dos Olimpicos, Fragoso, Val Miñor, e a meta que estará no interior do Estado de Balaidos.