Escoitar

O Concello anima á cidadanía a visitar no IFEVI a exposición "Evolución Humana, idade de xeo e dinosauros"

O Recinto Feiral de Vigo acolle dende mañá sábado a tripla exposición "Evolución Humana, idade de xeo e dinosauros", unha das mostras máis grandes sobre esta temática que pasou polos Estados Unidos, París, Lisboa e Edimburgo e agora recala en Vigo, onde permanecerá aberta ata o 14 de febreiro. O evento foi presentado este venres polo Concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, quen amosou a vontade do goberno local de "colaborar con iniciativas destas características" e que estivo acompañado de Lucrecia García Fernández, responsable da exposición, quen destacou o perfil didáctico da mostra.

venres, 4 dec 2015
1449252805dinosauros.JPG
Descargar todas as imaxes