Escoitar

Representación no auditorio municipal da obra teatral "Té con kant"

Da man da Concellería de Igualdade a compañía Inversa Teatro representará no auditorio municipal a peza teatral "té con kant" o vindeiro mércores, 9 de decembro ás 21h, con entrada libre ata completar o aforo. Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga a combinación entre o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntima próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.

luns, 7 dec 2015
1449488075cartel.jpg
Johanna Gottfried e Theodora Kraus son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde Prusia do S.XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión e acción da cidadanía ao redor da problemática social e moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant.
O final do espectáculo decídeo o público de forma asamblearia, seguindo o imperativo categórico kantiano e despois de que este escoite, por parte dunha das personaxes, unha crítica marxista e feminista á ilustración.

Lugar: Auditorio Municipal (Praza do Rei s/nº)
Data e hora: mércores, 9 de decembro ás 21h.
Duración: 90 minutos
Compañía: Inversa Teatro
Actrices: Marta Pérez e María Roja
Premios:
2015– I Premio do público Coiro de Pita.
2015– XV Premio Teatral Maruxa Villanueva a Marta Pérez por Té con Kant
Descargar todas as imaxes