A Corporación apoia á CIG na proposición non de lei que garanta a enerxía como servizo público
Todos os grupos respaldaron a intervención de Alberto Gonçalvez Herrero, secretario comarcal da CIG, quen solicitou o apoio do Pleno para impulsar unha iniciativa lexislativa popular no Parlamento Galego con medidas que garantan a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética.
A unanimidade do Pleno, e polo tanto da cidade, puntualizou o rexedor, respaldou esta mañá a intervención de Alberto Gonçalvez Herrero, secretario comarcal da CIG, quen solicitou o apoio da Corporación para impulsar unha proposición non de lei ao Parlamento Galego de medidas que garantan a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética. A Confederación Intersindical Galega está a promover a implantación dunha tarefa eléctrica galega.
Na súa intervención, o responsable sindical, explicou que esta iniciativa "está fundamentada no valor estratéxico que para Galicia ten o sector enerxético, polo que representa no seu produto interior bruto e por ser un factor relevante para a produción industrial". Ao longo de anos, dixo, por decisións políticas, "Galicia foise especializando na xeración de electricidade. Dese xeito, desempeñou un papel de subministrador de enerxía eléctrica para o resto do Estado español, con base no seu potencial hidroeléctrico e nos xacementos de carbón, acrecentado posteriormente co desenvolvemento do aproveitamento eólico e biomasa, e tamén coa construción de dous ciclos combinados de gas natural".
Na súa opinión, "a pesar de que a xeración eléctrica leva aparellados uns moi importantes custos sociais e medioambientais, Galicia non tirou proveito desta actividade económica. Ao contrario, ao estar sometida a un marco regulatorio e tarifario común en todo o Estado español e ás decisións adoptadas polas empresas eléctricas que actúan en réxime de oligopolio a través dos seus centros de decisión afastados de Galiciaa, nunca recibiu vantaxes do aproveitamento dos seus recursos, e mesmo sofre en amplas zonas do país unha deficiente calidade da subministración eléctrica".