mércores, 30 setembro 2015

O Concello destina 3,4 millóns de euros á axuda no fogar e 1,8 millóns ás bolsas de comedor, libros e material escolar

Abel Caballero informou dos acordos da Xunta de Goberno Local celebrada este mércores na que se aprobou o incremento de 500.000 euros na dotación do servizo de axuda no fogar respecto ao ano pasado. Ademais, o goberno local deu luz verde ás axudas de comedor que benefician a 5.000 nenos e nenas vigueses e que non teñen lista de espera e tamén nomeou seis traballadoras máis para atender a área de benestar.

O goberno local inviste un millón de euros en actuacións de mellora das zonas verdes

mércores, 30 set 2015

O Plan Verde inclúe catro actuacións: no Parque de Enerxías Renovables de Navia, na Florida, no paseo do Lagares e na Senda da Auga, co obxectivo de poñer en valor os espazos naturais e verdes da cidade. O alcalde visitou este mércores as obras que se realizan para acondicionar para peóns e bicicletas un tramo de tres quilómetros da Senda da Auga; un itinerario que empregan moitas viguesas e vigueses.