O goberno local inviste un millón de euros en actuacións de mellora das zonas verdes
O Plan Verde inclúe catro actuacións: no Parque de Enerxías Renovables de Navia, na Florida, no paseo do Lagares e na Senda da Auga, co obxectivo de poñer en valor os espazos naturais e verdes da cidade. O alcalde visitou este mércores as obras que se realizan para acondicionar para peóns e bicicletas un tramo de tres quilómetros da Senda da Auga; un itinerario que empregan moitas viguesas e vigueses.
O rexedor visitou este mércores a Senda da Auga para comprobar a evolución das obras que se están acometendo para a posta en valor do itinerario polo que discorre o canal de Eiras que abastece de auga á cidade. Trátase dun traxecto de 40 quilómetros que baixa dende o concello de Pazos de Borbén e chega ata Vigo e que empregan moitas persoas para camiñar ou andar en bicicleta e que ten formado parte das rutas do programa "Camiño a Camiño".
Os traballos consisten na sinalización, marcación e valorización dunha senda de tres quilómetros cunha visión que inclúe as necesidades das bicicletas e dos peóns. Así, segundo explicou Abel Caballero, instalarase unha marquesina ecolóxica cada 500 metros para poder pararse e descansar e na que figurará un plano da totalidade do percorrido. Amais vaise reforzar a sinalización dos cruces. As obras teñen un custo de 150.000 euros.
Estas obras forman parte do Plan Verde da cidade, dotado cun millón de euros para actuacións en zonas verdes e que, amais desta senda, incorpora outras tres actuacións: o Parque de Enerxías Renovables de Navia, que ten 6.000 metros cadrados de extensión con elementos didácticos e lúdicos relacionados coa enerxía hidráulica; unha zona na que anunciou que "imos poñer un novo Dinoseto". A segunda actuación é a mellora do paseo fluvial do Lagares, que está practicamente rematado, onde se instalaron balizas luminosas que se encenden ao detectar movemento de persoas para preservar a fauna e a flora dese espazo natural, tamén se colocaron elementos de protección, bancos, fontes e paneis informativos. A terceira actuación realizouse na mellora das zonas verdes da Florida.
Para Abel Caballero, este plan responde ao modelo de cidade que ten deseñado "unha forma de entender a cidade globalmente cara a ecoloxía e p cambio climático nas actuacións xerais".
Descargar todas as imaxes