O alcalde apoia e recoñece o labor que desenvolve Aspanaex en favor da discapacidade intelectual
Abel Caballero recibiu no Concello aos responsables da Asociación en favor de Persoas con Discapacidade Intelectual para presentar a XXXII edición da Marcha Aspanaex que se celebra este domingo día 4 de outubro polas rúas da cidade en favor da entidade.
O rexedor deu a coñecer este mércores o programa de actividades que inclúe a XXXII Marcha Aspanaex, que organiza a Asociación en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual e que pretende concienciar á sociedade sobre os dereitos destas persoas. No acto estivo acompañado de José Manuel Carballo e Beatriz Macías, presidente e directora da entidade.
Abel Caballero recoñeceu "a loita constante de Aspanaex en favor das persoas con discapacidade intelectual e o gran labor que facedes, no que teredes sempre o apoio do alcalde e do goberno da cidade".
A trixésimo segunda edición da Marcha Aspanaex comeza o domingo 4 de outubro ás 10 da mañá no Parque de Castrelos e prolóngase por distintas rúas da cidade, completando un percorrido de 9 quilómetros de "solidariedade, recoñecemento e dereitos", en palabras do alcalde. A camiñata pasará por Praza América, Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, Príncipe, Porta do Sol, Elduayen e Pi i Margall, Praza América e Avenida de Castrelos para regresar ó Auditorio do Parque de Castrelos.
Descargar todas as imaxes