venres, 2 outubro 2015

O alcalde reclama que se resolvan as carencias do novo hospital

Nunha reunión celebrada este venres pola mañá no Concello, un grupo de profesionais do Hospital Álvaro Cunqueiro explicáronlle a Abel Caballero que o centro presenta deficiencias estruturais, fallos de organización e que o espazo para atender as urxencias "xa está esgotado". Por iso, o rexedor decidiu enviarlle unha carta ao presidente Feijóo demandando a resolución de todos os desperfectos que presenta.

O rexedor pon en valor o traballo da Policía Nacional en Vigo

venres, 2 out 2015

A Policía Nacional celebra este venres 2 de outubro o día do seu patrón, os Santos Anxos Custodios, cun acto que se desenvolveu na Comisaría de López Mora e que contou coa presenza de Abel Caballero, quen quixo transmitirlles "todo o meu apoio, solidariedade e afecto polo traballo excepcional que están facendo na cidade. Vigo é unha cidade segura e o labor policial merece o recoñecemento da cidadanía". <br />

Abel Caballero destaca a figura do pensador e galeguista Xaime Isla e anima á cidadanía a visitar a mostra que divulga a súa vida e obra

venres, 2 out 2015

A Casa Galega da Cultura acolleu este venres a inauguración da exposición "Xaime Isla: Raíz e Utopía de Galicia", que quere divulgar a vida e obra do pensador galeguista no centenario do seu nacemento. A mostra organizada pola Fundación Isla Couto conta coa colaboración do Concello de Vigo e permanecerá aberta ata o 2 de novembro.