Abel Caballero destaca a figura do pensador e galeguista Xaime Isla e anima á cidadanía a visitar a mostra que divulga a súa vida e obra
A Casa Galega da Cultura acolleu este venres a inauguración da exposición "Xaime Isla: Raíz e Utopía de Galicia", que quere divulgar a vida e obra do pensador galeguista no centenario do seu nacemento. A mostra organizada pola Fundación Isla Couto conta coa colaboración do Concello de Vigo e permanecerá aberta ata o 2 de novembro.
O alcalde asistiu esta mañá á inauguración na Casa Galega da Cultura da exposición "Xaime Isla: Raíz e Utopía de Galicia", que homenaxea a traxectorial profesional e vital do pensador e galeguista no centenario do seu nacemento e que permite analizar a evolución de Vigo e Galicia entre os anos 30 e comezos do século XXI.
Abel Caballero puxo en valor a figura de Xaime Isla Couto como impulsor cultural e intelectual e animou á cidadanía a que visite a mostra para coñecer de primeira man a súa vida e obra.
No acto de apertura da exposición estiveron presentes Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Manuel Meixide, presidente da Fundación Isla Couto, e Xosé Luís Pastoriza, comisario da mostra, que estará aberta durante un mes, ata o próximo día 2 de novembro.
Descargar todas as imaxes