O albergue celebra unha xornada de formación e divulgación sobre o seu labor na loita contra a exclusión social
A concelleira de Política Social deu a coñecer este xoves as actividades do Centro Integral de Inclusión Social e Emerxencias para o último trimestre do ano, coas que se quere dar a coñecer a problemática dos usuarios entre a sociedade viguesa. Ademais, Isaura Abelairas, adiantou que no mes de decembro o albergue vai desenvolver unha nova xornada de portas abertas para que a cidadanía poida coñecer o traballo que se desenvolve nesas instalacións.
Isaura Abelairas, concelleira de Política Social presentou este xoves a II Xornada de Formación e Divulgación que desenvolverá o Centro Integral de Inclusión Social e Emerxencias no mes de novembro co obxectivo de "dar a coñecer a problemática dos usuarios do albergue que, fundamentalmente, están relacionadas con adicións e exclusión social severa".
Nese encontro o Concello contará coa colaboración de traballadores sociais, educadores sociais, Policía Nacional e Local e unha xuíza, cooperadores necesarios no labor de atención ás persoas usuarias do centro. A xornada servirá para divulgar o traballo que se realiza para recuperar e atraer a este servizo ás persoas que están na rúa; unha tarefa que acometen educadores de rúa de Médicos do Mundo e persoas do grupo A las 5 para facilitarlles o acceso a unha vida máis normalizada.
Ademais, no mes de decembro celebrarase a segunda Xornada de Portas Abertas no albergue, na que os propios usuarios amosarán as instalacións a todas as persoas que queiran visitalas, outro xeito de promover a sua función e utilidade social. Nesta segunda edición, farase fincapé na difusión do traballo do centro entre a mocidade para que saiban desta realidade que existe, aínda que lles sexa allea, e do que está facendo o seu concello neste ámbito.
Isaura Abelairas informou tamén da reunión que celebrou o Consello Municipal de Cooperación, onde se aprobaron as actividades deste último trimestre do ano pensadas para o alumnado de primaria e secundaria con programas de sensibilización, formación, mobilización social e fortalecemento do terceiro sector con actividades de teatro, contacontos, cine na escola e conferencias.
Descargar todas as imaxes