PSOE e Marea de Vigo instan á Xunta a corrixir os problemas de persoal e infraestruturas dos centros educativos públicos
O Pleno da Corporación Municipal celebrado este luns decidiu, por unanimidade, instar ao Goberno de España a que estableza incentivos fiscais para promover o alugueiro entre os arrendarores e os inquilinos. Tamén saíu adiante, co apoio de todos os grupos, unha moción que demanda ao goberno da Xunta de Galicia unha maior dotación de recursos para atender as necesidades da mocidade viguesa. Os grupos socialista e Marea de Vigo acordaron reprobar ao presidente da Xunta polas súas descualificacións aos asistentes á manifestación a favor da sanidade pública celebrada o pasado 3 de setembro. <br />
O Pleno do Concello de Vigo aprobou por unanimidade unha moción do Grupo Municipal Socialista que insta ao Goberno de España a que estableza unha política fiscal que favoreza o alugueiro para os arrendadores e para os inquilinos mediante a previsión das correspondentes bonificacións no Imposto sobre a Renda. O Concelleiro de Presupostos e Facenda, Jaime Aneiros, defendeu a necesidade desta acción para axudar ás familias e para "evitar a economía somerxida neste sector", especialmente, logo da eliminación das medidas fiscais de apoio e favorecemento ao alugueiro na reforma fiscal para 2015 aprobada polo goberno de Rajoy.
A Corporación Municipal, tamén por unanimidade, aprobou solicitar á Xunta de Galicia unha maior dotación en recursos para a mocidade como é o caso do Albergue Residencia Xuvenil Altamar, que agora funciona só como residencia de estudantes e non como albergue, xa que ese uso queda limitado ao período estival, e resulta insuficiente para o número de estudantes xuvenís na cidade. A petición de recursos inclúe tamén ao equipo multiprofesional do centro Quérote de Vigo e a ampliación do seu horario de atención de luns a sábado pola mañá e pola tarde, xa que na actualidade só está ao dispor da xuventude na quenda matinal. Ademais, a moción inclúe a solicitude de axudas á emancipación a través do alugueiro de vivendas.
Ademais, o Pleno do Concello deu luz verde, cos votos a favor dos socialistas e da Marea de Vigo e co voto en contra do PP, a unha moción na que se insta á Xunta de Galicia a subsanar os problemas de persoal e infraestruturas na educación pública e a desenvolver os mecanismos necesarios para que os equipos docentes dispoñan das guías e materiais axeitados para desenvolver o curso académico. A Concelleira de Educación, Olga Alonso, xustificou esta moción pola "consolidación dos recortes en materia de profesorado e de investimentos na educación pública de Galicia".
O Pleno Municipal celebrado este luns tamén aprobou ,cos votos do PSdeG-PSOE e de Marea de Vigo e a negativa do Partido Popular, unha moción na que se reproban as declaracións, descualificacións e faltas á verdade do presidente da Xunta de Galicia aos convocantes, asistentes, pacientes e profesionais que acudiron o pasado 3 de setembro á manifestación convocada pola Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo para rexeitar o modelo de financiamento e xestión do novo Hospital Álvaro Cunqueiro. Así, o Pleno solicita ao goberno de Feijóo "a máxima transparencia e control social en todo o proceso de traslado e xestión do novo hospital por parte dos lexítimos representantes dos cidadáns, institucións, profesionais e pacientes".