O Pleno solicita ao Sergas habilitar dúas parcelas para aparcamentos gratuítos no Álvaro Cunqueiro<br />
A Corporación acordou esta mañá instar á Xunta a poñer á disposición dos cidadáns dúas parcelas próximas ao hospital para destinalas a zona de aparcamento gratuíto. A proposta socialista saíu adiante co apoio da Marea e a abstención do Partido Popular.
O Pleno do Concello de Vigo, cos votos favorables de PSOE e Marea e a abstención do PP, instou ao Sergas a que poña a disposición dos cidadáns dúas parcelas ao lado do Hospital Álvaro Cunqueiro para aparcar de xeito gratuíto. O concelleiro de Fomento, David Regades, defendeu unha moción na que criticou que a Xunta manteña pechadas unhas parcelas que suman máis de 14.000 m2 e, dado que unha delas, non require obra algunha, solicitou que en 15 días sexa posta a disposición dos usuarios, para o que deben eliminar os cerramentos, ademais de executar o paso de peóns e vehículos desde o acceso principal do hospital. Respecto da segunda das parcelas, Regades insistiu na obriga da Xunta de iniciar de inmediato as obras que permitan o acondicionamento e acceso como estacionamento de balde o antes posible.
Outra das mocións socialistas que recibiron luz verde esta mañá, nesta ocasión cos votos favorables de socialistas e populares foi esixir a AGE que non vete o debate sobre a modificación da Lei do Solo no Parlamento galego. Tal e como propuxo a edil de Urbanismo, María Xosé Caride, a Corporación recoñeceu o interese por Vigo a todas as forzas políticas que facilitaron a tramitación da emenda "in voce" do artigo 144 da Lei do Solo e esixiu a AGE que permita o debate desta emenda por ser fundamental para desenvolver proxectos urxentes e de excepcional interese para esta cidade.
A iniciativa socialista sobre o transporte metropolitano tamén se aprobou, neste caso, cos votos da Marea e a abstención do PP. Concretamente, instouse á Xunta a ratificar as verbas do seu delegado en Vigo, Ignacio López Chaves, quen asegurou nun medio de comunicación que: "Se Vigo se incorporase ao transporte metropolitano, ese primeiro traxecto de Vitrasa non o pagaría. Tampouco o Concello. Pagaríao a Xunta". A concelleira Ángeles Marra lembrou que as verbas do delegado da Xunta non se axustan á realidade pero instou a Xunta a cumprir tal afirmación posto que é o que demandan todos os alcaldes da área. Segundo reza o texto aprobado, a Xunta debería articular mediante convenio con todos los concellos a gratuidade para todos os cidadáns do billete de transbordo no transporte urbano de Vigo, aboando o seu importe na súa totalidade.
Así mesmo, PSOE e Marea deron luz verde a outra moción socialista que reclama que por parte dos responsables sanitarios da área se informe aos profesionais e á cidadanía do programa funcional do Hospital Meixoeiro e outros acordos complementarios. O texto aprobado tamén solicita que se proceda á dotación dos recursos humanos, técnicos e asistenciais imprescindibles para que o hospital Meixoeiro poida desenvolver a función asistencial asignada no contexto da planificación e ordenación da Área Sanitaria.