venres, 29 xaneiro 2016

Caballero confía en pechar o luns con 15 alcaldes o "freco final" para acordar a Área Metropolitana

venres, 29 xan 2016

Quince alcaldes e alcaldesas da área viguesa manterán o próximo luns unha reunión para "proceder á fase final do acordo", en verbas do alcalde de Vigo, quen trasladará unha proposta sobre transporte que "resolverá o problema" existente. Caballero reiterou que calquera outro rexedor/a dos 28 municipios do territorio que queira asistir á reunión do luns "é benvido".

O Concello cede tres parcelas ao IGVS para construír vivendas de promoción pública

venres, 29 xan 2016

O Consello da Xerencia de Urbanismo acordou a doazón de dúas parcelas na zona de Cambeses e dunha na Canicouva para erguer vivenda protexida e aprobou a venda de tres parcelas para construír vivendas unifamiliares en Pombas, Carrasqueira e Tomada. O alcalde explicou tamén que o goberno local "fixo todo o que tiña que facer" para poñer a disposición da Xunta o solo para a Cidade da Xustiza para a que "falta o proxecto construtivo".

Concerto inaugural do Programa "Primavera 2016" da Orquestra VIGO 430

venres, 29 xan 2016

Este domingo, día 31 de xaneiro, terá lugar o primeiro concerto do programa "PRIMAVERA 2016" da ORQUESTRA VIGO 430, que conta coa colaboracion da Concellería de Cultura. A orquestra sinfónica, agrupación principal da 430, será a encargada de inaugurar o ciclo baixo a dirección de Vicent Alberola e a violinista Rusanda Panfili como solista. O concerto terá lugar ás 12:00 h no vestíbulo do Auditorio "Mar de Vigo", con entradas a 10 € en anticipada e 12 no despacho de billetes do auditorio; a venda de entradas e abonos realízase a través de Ticketea (www.ticketea.com)

Medidas de tráfico con motivo das carreiras populares

venres, 29 xan 2016

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da carreira que se van celebrar o vindeiro domingo 31 de xaneiro de 2016, veranse limitadas ao tráfico as seguintes rúas:comenzará ás 11.00h e terá a súa saída dende a rúa Jenaro de la Fuente, para seguir por Aragón (ata a rotonda do faro), volta pola rúa Aragón, Jenaro de la Fuente, Gregorio Espino ata Urzáíz, Urzáíz, Ramón Nieto, Nieto Figueroa, Urania (Mais que Auga), Subride (ata a primeira rotonda), baixar a Ramón Nieto para chegar á meta en Jenaro de la Fuente.