Escoitar

Caballero di que a Correndo por Vigo, este domingo, é "a primeira das grandes carreiras da cidade"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a V Correndo por Vigo, primeira das probas do Run Run Vigo 2016, a nova denominación do programa de carreiras populares na cidade.

venres, 29 xan 2016
1454076887carrera.JPG
Acompañado do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, Juan García e Jaime Faílde (AVV Calvario), Miguel Misa (Mercado do Calvario) e Jorge Pallarés, representante de Pizza Móvil, ademais de David Posada, organizador do evento, o rexedor deu o pistoletazo de saída a unha carreira que este domingo reunirá a 1.400 atletas (algo máis de 1.100 senior e os demais nenos das carreiras infantís).

Co epicentro no barrio do Calvario, saída na rúa Jenaro de la Fuente ás 11:00 horas e percorrido ata Lavadores (complexo de MQA Barreiro), o alcalde asegurou que "é unha ocasión especial porque estamos plantexando a primeira das grandes carreiras anuais da cidade". Cunha "distancia tipo" de 10.000 metros, a quinta edición de Correndo por Vigo abre a nova liga de eventos atléticos en ruta da cidade.

David Posada, que dixo que os 300 nenos e nenas "son o futuro da cidade", agradeceu o apoio do Concello, dos patrocinadores históricos do barrio do Calvario e a entrada do patrocinio privado de Pizza Móvil. Precisamente esa firma, a través de Pallarés, entregoulle ao alcalde o primeiro maillot de vencedor que se dará aos campións da carreira dominical.
Descargar todas as imaxes