xoves, 28 xaneiro 2016

Concello e Deputación homenaxearán a Neira Vilas cunha escultura de "Balbino"

O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación asinaron este xoves un protocolo de colaboración para a instalación -estimada no mes de marzo- dunha escultura en granito de "Balbino", personaxe de "Memorias dun Neno Labrego", como "homenaxe" ao seu autor, o recentemente falecido Xosé Neira Vilas. A obra ubicarase no entorno da biblioteca municipal Neira Vilas, en Martínez Garrido.