O Boletín Oficial de Pontevedra informa da exposición pública do expediente de cesión dos terreos para a Cidade da Xustiza
Abel Caballero anunciou este mércores o comezo do prazo de exposición pública do expediente de transferencia dos terreos á Xunta de Galicia para a construción da cidade xudicial, de maneira que o solo queda dispoñible para ser utilizado aínda que criticou que o goberno autonómico "nin sequera ten o proxecto construtivo" mentres o Concello xa aboou 2.600.000 euros en expropiacións.
O Concello segue adiante co proceso de cesión á Xunta de Galicia dos terreos para a construción da Cidade da Xustiza de Vigo e, tal e como publica hoxe o Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, o expediente de transmisión queda sometido á exposición pública durante un prazo de quince días.
Nestas dúas semanas, calquera persoa que o desexe pode examinar o expediente en horario de 9:00 horas da mañá ata as 13:30 do mediodía nas oficinas de información urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo. Para o alcalde, este procedemento vén a significar que dende o goberno de Vigo "poñemos a disposición da Xunta de Galicia solo que xa poden utilizar para o proxecto por valor de máis de 4 millóns de euros, dos cales 2.600.000 euros houbo pagalos das arcas municipais para as expropiacións e o resto é un terreo público que cedemos e que custa 1.400.000 euros" engadindo que, ata agora, "a Xunta gastou cero euros na Cidade da Xustiza e nin sequera teñen o proxecto construtivo".