O alcalde ofrece apoio na promoción do voo Vigo-Lisboa
Abel Caballero amosou este mércores a súa "satisfacción" pola decisión da TAP de conectar Vigo con Lisboa desde o 1 de xullo e anunciou unha reunión o 16 de febreiro co director xeral para España da aeroliña, na que ofrecerá a colaboración do Concello para promocionar a ruta. O rexedor valora as "conexións transoceánicas" que ofrece a capital lusa.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manterá o próximo 16 de febreiro unha reunión co director xeral de TAP para España, Paulo Henrique Salles, para abordar a conexión aérea entre a cidade olívica e Lisboa, que comezará a operar a compañía a partir do próximo 1 de xullo.
En rolda de prensa, Caballero avanzou a súa "satisfacción" pola decisión da compañía portuguesa de operar esta ruta, que considera "moi interesante" e unha "gran oportunidade" como destino turístico e como enlace que ofrece a Vigo "importantísimas conexións transoceánicas" con África, Canadá e Latinoamérica, en particular con Brasil.
"Saudamos con agrado a decisión da TAP", apuntou o primeiro edil, quen ofrecerá á dirección da aeroliña lusa a cooperación do Concello na promoción do voo.