Escoitar

Caballero aplaude a "capacidade de competir nos mercados internacionais" do naval vigués<br />

En declaracións previas á posta de quilla do buque escola da República de Indonesia no estaleiro vigués Freire, o alcalde valorou este "acto simbólico pero cargado de contido económico" que significa "a permanencia dunha parte do naval de Vigo nos mercados internacionais e a súa capacidade de competir".

mércores, 27 xan 2016
1453901960quilla.jpg
"Isto tráeme á memoria", abondou Caballero ante os medios de comunicación, "o dano que nos fixeron coa anulación indebida do tax lease por parte da Comisión Europea, anulada aquela acción contra Vigo por sentenza dos tribunais europeos e, en consecuencia, toda a razón ao naval de Vigo". O alcalde lamentou o "enorme sufrimento que nos produciu aquela falsa denuncia de Holanda e aquela indebida acción da Comisión Europea en contra da industria naval de Vigo e de España".
Descargar todas as imaxes