Escoitar

O Concello traballa na conversión en praza da rúa recén adicada ao poeta Carlos Oroza

O poeta Carlos Oroza xa ten unha rúa co seu nome na cidade, a ata o de agora coñecida como Travesía de Príncipe. Durante o acto de descubrimento da placa, o rexedor avanzou que o Concello está a traballar na conversión desta zona nunha praza.

venres, 29 xan 2016
1454074917carlos.JPG
Nun acto moi emotivo no que participaron, ademais do alcalde de Vigo, o artista Antón Pulido e o director da editorial Elvira, Javier Romero, descubriuse esta mañá unha placa na rúa Carlos Oroza, poeta -ata o de agora coñecida como Travesía de Príncipe. Durante o acto, Caballero avanzou a súa vontade de transformar esta rúa nunha praza.
Descargar todas as imaxes