Escoitar

Medidas de tráfico por obras

venres, 29 xan 2016
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar, lado terra, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra , estará pechado ao tráfico o túnel, lado terra, da rúa BEIRAMAR, o domingo 31/01/2016 dende as 07:30 ás 14:00 horas.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalizacion de gas autorizada en exp 75253/250, a realizar pola empresa Gas Galicia S.D.G., S.A. , estará pechada ao tráfico a rúa FRIAN 13, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 01/02/2016 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de ASFALTADO, a realizar pola empresa Gas Galicia S.D.G., S.A., estará pechada ao tráfico a rúa ESPIÑEIRO e TRAV ESPIÑEIRO, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 01/02/2016 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor do mantemento alumeado e ventilación túnel Beiramar, a realizar pola empresa Estacionamientos Y Servicios S A, estará pechado, en HORARIO NOCTURNO (23:00 a 05:30 Horas), ao tráfico o túnel BEIRAMAR, dende o 01/02/2016 ás 23:00 horas ata o 03/02/2016 ás 05:30 horas. 01/02/2016 lado terra + lado mar; 02/02/2016 lado terra e puntualmente lado mar.



Solicítase a máxima colaboración cidadá.