Escoitar

O goberno vigués creará 40 empregos para receptores de Risga e outros 86 para desempregados

O goberno local contratará a 126 desempregados, dos que 40 son receptores da Risga durante sete meses. Así o acordou a Xunta de Goberno Local que aprobou hoxe venres as memorias para solicitar as correspondentes subvencións autonómicas.

venres, 29 xan 2016
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á convocatoria de axudas e subvencións para o fomento do emprego. Concretamente, o Concello de Vigo prevé contratar a 40 persoas perceptoras da Risga, nos servizos de limpeza e xardíns, para o que se solicitarán 238.649 euros. O obxectivo do goberno local é contratar a outros 86 desempregados, neste caso para limpeza, vías e obras, emprego e a Casa Galega da Cultura para o que se demanda unha achega de 297.476 euros. Estes 126 contratos terán unha duración de 7 meses.