Escoitar

Caballero confía en pechar o luns con 15 alcaldes o "freco final" para acordar a Área Metropolitana

Quince alcaldes e alcaldesas da área viguesa manterán o próximo luns unha reunión para "proceder á fase final do acordo", en verbas do alcalde de Vigo, quen trasladará unha proposta sobre transporte que "resolverá o problema" existente. Caballero reiterou que calquera outro rexedor/a dos 28 municipios do territorio que queira asistir á reunión do luns "é benvido".

venres, 29 xan 2016
Abel Caballero informou este venres da celebración dunha reunión o próximo luns, ás 11 horas, con quince alcaldes e alcaldesas da área metropolitana de Vigo, encontro que se convoca "de común acordo" e no cal se procurará "proceder á fase final do acordo" para modificar a lei, pois "está moi maduro" e "é importantísimo para os case 600.000 habitantes que a conforman".

O encontro do luns está aberto a todos os rexedores e rexedoras dos 28 municipios que conforman o territorio vigués, asegurou Caballero, calquera será "benvido" e participaría "coa mesma voz e os mesmos dereitos" que todos os demáis. Abel Caballero recordou que resta un "freco final" para pechar a modificación da ley da Área "que confío que o luns acordemos", para dar así traslado do mesmo ao vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, na reunión convocada por éste para o próximo mércores. O alcalde de Vigo presentará ademais este luns unha proposta aos alcaldes sobre transporte que, confía, "resolverá o problema".