Pleno da Corporación sesión ORDINARIA
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 2
CONVOCATORIA
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día VINTE E NOVE de FEBREIRO de 2015, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.
PARTE RESOLUTIVA
1.- Actas anteriores: (Ordinaria do 30.11.15, extraordinaria do 9.12.15, extraordinaria e urxente do 18.12.15, extraordinaria do 22.12.2015 e ordinaria (decembro) do 12.01.2016).
2.- Declaracións institucionais.
3.- Ditames das comisións informativas:
MEDIO AMBIENTE, FESTAS, TURISMO E DEPORTES
3.1.- Determinación da forma de xestión do servizo público das piscinas cubertas municipais das Travesas, Lavadores, Teis e Valadares e o ximnasio do Berbés. Expte. 14838/333 (1316/1101)
ORZAMENTOS E FACENDA
3.2.- Dar conta do informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigacións previstas no Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público correspondente ao 4º trimestre do ano 2015. Expte. 16194/541 (1317/1101)
RÉXIME INTERIOR, SEGURIDADE E MOBILIDADE
3.3.- Aprobación da rectificación do Epígrafe I "Inmobles" do Inventario Municipal de bens e dereitos, referente á propiedade nº 697, cesión 239,94 metros cadrados para zona verde Samil. Expte. 2222/244 (1318/1101)
4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.
5.- Mocións:
5.1.- Moción do Grupo municipal de Marea de Vigo instando á Xunta de Galicia a artellar os mecanismos legais e de carácter supramunicipal que permitan as modificacións necesarias no actual emprazamento da fábrica de PSA-PEUGEOT-CITROËN, e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 1321/1101.
5.2.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a articulación dun convenio de colaboración para a mellora do servizo de transporte ao Aeroporto de Vigo. Rexistro Pleno 1325/1101.
5.3.- Moción do Grupo municipal Socialista instando ao Ministerio de Fomento dúas novas conexións directas entre Vigo-Madrid, con saída a primeira hora da mañá e da tarde, coa consecuente redución de tempos de traxecto. Rexistro Pleno 1327/1101.
5.4.- Moción do Grupo municipal Socialista instando ao Goberno do Estado a derrogar a Lei 27/2013, de racionalización e substentabilidade da Administración Local, así como outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 1328/1101.
5.5.- Moción do Grupo municipal Socialista instando ao Goberno de España que a liquidación definitiva da participación nos ingresos do Estado teñan en conta as cantidades globais recadadas nos impostos e exercicios sobre os que se fai o cálculo inicial, incluíndo as recadadas como consecuencia da loita contra o fraude fiscal. Rexistro Pleno 1329/1101.
6.- Asuntos ou mocións urxentes.
PARTE DE CONTROL
1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.
1.3.- Dar conta do acordo da Xunta de Goberno Local, de data 27.01.2016, referente á modificación do acordo da XGL do 20.07.15, de nomeamento de representantes en Fundacións e en diversos órganos e entidades públicas (IFEVI>). Expte. 62/1102 (Rexistro Pleno 1314/1101).
1.4.- Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 3.02.2016, referente á delegación no concelleiro delegado da Área de Fomento, Limpeza e Contratación do seguimento para a nova contratación do servizo de limpeza de colexios. Expte. 64/1102 (Rexistro Pleno 1324/1101).
1.5.- Dar conta da Resolución da Alcaldía, de data 3.02.2016, referente á delegación no concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal, Persoal, Patrimonio e Administración Electrónica do seguimento das obras e instalacións do inmoble do "Auditorio Mar de Vigo" para a implantación da UNED. Expte. 64/1102 (Rexistro Pleno 1234/1101).
2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.
3.- Comparecencias de membros da Corporación.
4.- Mocións.
4.1.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a que informe do calendario previsto para avanzar na redacción do novo Plan Xeral de Vigo e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 1319/1101.
4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal acorde coas concesionarias dos aparcadoiros próximos a centros públicos de saúde, a rebaixa das súas tarifas, así como outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 1320/1101.
4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.
5.- Formulación de rogos.
6.- Formulación de preguntas.
DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día VINTE E NOVE, para resolver os asuntos da devandita relación.
Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.
Vigo, 25 de febreiro de 2016
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,
Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.