Escoitar

Medidas de tráfico por obras

venres, 26 feb 2016
1456493407trafico.jpg
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantenemento DO TUNEL DE BEIRAMAR, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra , estará pechado ao tráfico o TÚNEL DE BEIRAMAR LADO MAR, o vindeiro día domingo 28/02/2016 dende as 07:30 ata as 14:00 horas.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra "SEGUNDA FASE DO PROXECTO DE REFORMA DA CUBERTA E GRADA DE TRIBUNA DO ESTADIO DE BALAÍDOS", a realizar pola empresa Sa De Obras Y Servicios Copasa, estará pechada ao tráfico o carril diante de Tribuna (Estadio de Balaídos) sentido rúa Olimpicos, dende o 29/02/2016 ata o 30/09/2016 ás 08:00 horas.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras a realizar pola empresa Gas Natural Sdg Sa , estará pechada ao tráfico a Rúa FERREIROS (BOUZAS) a altura da N 52, con acceso a Casiano Martínez e ao Casco Vello de Bouzas pola Alameda Suárez Llanos, dende o martes día 01/03/2016 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Ponse en coñecemento do público en xeral do SENTIDO UNICO DE CIRCULACIÓN, a realizar polo Departamento de Seguridade e Mobilidade, quedando a RÚA PENIS DE ABAIXO DENDE O Nº 22 ATA O Nº 34 sentido circulación cara a SAN CAETANO e a RÚA SAN CAETANO cara Avda. Ramón Nieto, dende o vindeiro día 01/03/2016 ás 10:00 horas.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor do CAMBIO DE SENTIDO, a realizar polo Departamento de Seguridade e Mobilidade, procederase a deixar en Sentido Único de Circulación a RÚA DO RÍO no tramo comprendido entre a Estrada de Bembrive e a Rúa da Igrexa, dende o vindeiro día 02/03/2016 ás 10:00 horas.
Descargar todas as imaxes