Escoitar

Esta fin de semana volve o teatro ó Auditorio Municipal

O venres as 21 horas "A Louca Historia de Galicia" da compañía viguesa Fulano, Mengano e Citano. E o domingo as 18 horas a estrea mundial de "Os reloxos preguiceiros de néboa" de Aporía Escénica, para público familiar.<br />

xoves, 25 feb 2016
1456404152louca.jpg
"A louca historia de Galicia" é un percorrido en clave de humor a través da nosa historia: "A louca historia de Galicia" lévanos por todos eses períodos de luz e de sombras, -ás veces de apagón total- que fixeron de nós o que hoxe somos. "A louca historia de Galicia" é un paseo polas orixes, costumes e tradicións desta terra de bispos e reis, nobres e servos, heroes e tiranos, situada entre a fin do mundo e o norte de Portugal.

"Os reloxos preguiceiros de néboa". Na cidade de Néboa vívese un acontecemento extraordinario: todos os reloxos deixan de contar o tempo!

Os pesadelos e a anguria apodéranse dos e das cidadás provocando un ambiente de confusión e descontrol. A alcaldesa, Sabela Depresa, desesperada ante a incapacidade do superreloxeiro Don Cuco Campá para solucionar a problemática, decide chamar á detective Lupita Grande para que investigue o maior caso da historia contemporánea da cidade. Un universo de personaxes misteriosos, segredos e enigmas ábrense a cada paso, conducíndonos a escenarios singulares e insólitos.

Unha comedia delirante, con música en directo e unha estética inspirada nas vangardas, para gozar en familia. Un verdadeiro xeroglífico para resolver entre todos e todas e sacar á luz os e as grandes detectives que levamos dentro. Unha peza que cuestiona a engranaxe temporal na que vivimos e propón redescubrir outro tempo máis vital: o da imaxinación e do espazo comunitario.
Descargar todas as imaxes