Escoitar

O Concello de Vigo baixou a nove días o período medio de pago, "cifra récord en España"

O período de pago a provedores do Concello de Vigo no mes de decembro baixou a nove días, o que supón en verbas do rexedor, unha cifra marca histórica en calquera institución. En rolda de prensa, Caballero puxo en valor a boa situación financeira do Concello, coa menor débeda de toda España.

xoves, 25 feb 2016
Abel Caballero fixo esta mañá un balance da situación financeira do Concello, lembrando que Vigo é a cidade con menos débeda de toda España. Aínda que "xa estamos en débeda cero tecnicamente", dixo, queremos chegar á débeda cero en termos absolutos. Reitero que o Concello rematou o ano con superávit e "o volverá a facer este 2016", o que supón unha importante contribución ao cumprimento das obrigas do Estado. Tamén resaltou que no mes de decembro o período medio de pago a provedores foi de nove días, unha cifra "récord" en ningunha outra institución española.