Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 30 set 2016

PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 13.


CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA (setembro) que terá lugar o día 3 de OUTUBRO de 2016, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.

PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores: (ordinaria do 26 de xullo de 2016).


Ditames das comisións informativas:

ORZAMENTOS E FACENDA
2.- Dar conta da aprobación das Liñas Fundamentais do Orzamento. Expte. 37/142 (Rexistro Pleno 1420/1101)

3.- Aprobación inicial do expediente de modificación da Ordenanza Fiscal Xeral. Expte. 2315/500 (Rexistro Pleno 1422/1101)

4.- Aprobación inicial do expediente de modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Vehículos de tracción mecánica. (3). Expte. 2309/500. (Rexistro Pleno 1423/1101)

5.- Aprobación inicial do expediente de modificación da Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos das escolas municipais e musica e artes escénicas. (40). Expte. 2310/500 (Rexistro Pleno 1427/1101)

6.- Aprobación inicial do expediente de modificación da Ordenanza Reguladora dos Prezos Público pola utilización de VERBUM-Casa das palabras". (43). Expte. 2311/500 (Rexistro Pleno 1429/1101)

7.- Aprobación inicial do expediente de modificiación da Ordenanza Fiscal reguladora dos dereitos e taxas pola concesión de Licenzas para Construcións, Obras e Instalacións tramitadas pola Xerencia Municipal de Urbanismo así como pola Administración do Concello. (50). Expte. 2312/500 (Rexistro Pleno 1424/1101)

8.- Aprobación inicial do expediente de modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das taxas por Licenzas de Actividades e Instalacións. (51). Expte. 2313/500 (Rexistro Pleno 1425/1101)

9.- Aprobación inicial do expediente de modificación da Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos por utilización das Instalacións Deportivas Municipais. (52). Expte. 2302/50 (Rexistro Pleno 1428/1101)

10.- Aprobación inicial do expediente de modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación de Servizos de Subministración de Auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais. (60). Expte. 2314/500 (Rexistro Pleno 1426/1101)

RÉXIME INTERIOR, SEGURIDADE E MOBILIDADE
11.- Solicitude de compatibilidade da concelleira delegada de Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística, para a realización de traballos artísticos marxinais. Expte. 1433/1101.


Mocións:

12.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a impulsar o Campus do Mar, dotalo de contido e financiamento nos Orzamentos do 2017 e seguinte, así como ceder os inmobles necesarios á Universidade de Vigo. Rexistro Pleno 1434/1101

13.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a responder á cidadanía viguesa cubrindo os patios dos centros educativos públicos da cidade. Rexistro Pleno 1438/1101.


PARTE DE CONTROL

14.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

15.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.


Mocións.

16.- Moción do Grupo municipal de Marea de Vigo instando á Corporación a acordar unha fórmula urxente para as construcións de vivendas unifamiliares con licencia solicitada durante o período de vixencia do PXOM . Rexistro Pleno 1435/1101.


17.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a apoiar á Universidade de Vigo, aplicando o art. 74 do RDL 2/2004, que prevé unha bonificación do 95% no pago do IBI para os inmobles dos organismos públicos de investigación e os de ensinanza universitaria. Rexistro Pleno 1437/1101.

18.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal á modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de subministración de auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais, coa intención de aforrar no consumo e de que os vigueses paguen pola auga de consumen e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno 1441/1101.


19.- Formulación de rogos.

20.- Formulación de preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día TRES, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.


Vigo, 29 de setembro de 2016
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.