Escoitar

Vigo promóvese como cidade de rodaxes no sector audiovisual

A Vigo Convention Bureau, fundación dependente do Concello, organizou este venres o primeiro Encontro Vigo Zona de Rodaxe que ten como obxectivo potenciar a urbe como lugar de realización de produtos audiovisuais. Para Caballero "é unha forma magnífica de divulgar a cidade".

venres, 30 set 2016
Vigo acolleu este venres o primeiro Encontro Vigo zona de rodaxe organizado pola Vigo Convention Bureau que reuniu, na sala de conferencias do MARCO, a profesionais do sector audiovisual entre os que estaban o presidente da Spain Film Commission, a directora da Andalucía Film Commission así como realizadores e directores vigueses.

Segundo sinalou o alcalde, o obxectivo é establecer en Vigo unha plataforma para difundir a cidade como base de rodaxe de películas, series de televisión ou vídeos porque "é unha magnífica forma de divulgar a cidade".