Escoitar

Curso de auga salgada "Chegou o mar á ribeira"<br />

venres, 30 set 2016
A curso da auga é unha oferta de Normalización Lingüística para achegarlle á sociedade viguesa a lingua galega que temos ben preto de nós, os oficios relacionados co mar, as embarcacións tradicionais, os nomes de peixes, as lendas...

O curso é de balde
Datas: 2, 4, 9, 11, 16, 18, 23, 25, 30 de novembro e 2 de decembro
Lugar: Oficina Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12)
Horario: de 19:30 a 21:30

Para inscribirse deben enviar os seus datos (nome completo, teléfono e DNI) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org


Toda a información na web snl.vigo.org