O goberno de Vigo traballa "en catro direccións" para "relanzar a edificación" na cidade
Para "relanzar a edificación en Vigo" e "corrixir a ausencia do Plan 2008", o alcalde explicou este luns aos responsables de APEC que o Concello avanza en catro vías: a elaboración dun novo Plan Xeral, modificacións puntuais do Plan do 93, empregar a Lei 3/2016 de proxectos urxentes e presentar á Xunta propostas lexislativas adicionais.<br />