O goberno local adica 330.000 euros ao fomento do emprego en Citroën e en espazos coworking
O alcalde de Vigo deu conta esta mañá de dúas novas iniciativas de fomento do emprego. Por unha banda, referiuse á resolución da convocatoria de subvencións para espazos coworking, dotada con 30.000 euros, e, en segundo lugar, aludiu á aprobación dun convenio con Citroën de 300.000 euros, que permitirá contratar 60 traballadores.
O goberno local outorgou as subvencións para o fomento do emprendemento e a consolidación empresarial a través do traballo colaborativo. Cun importe de 30.000 euros, o obxectivo desta convocatoria é prestar axuda económica a autónomos e micropymes para o fomento do emprego mediante o emprendemento en entornos colaborativos (espazos coworking). Tal e como explicou o rexedor, cada solicitante recibirá unha achega duns mil euros.
Seguindo co emprego, o rexedor tamén deu conta hoxe venres da aprobación do convenio de colaboración para que Peugeot Citroën Automóviles España contrate 60 traballadores de Vigo. A subvención é de 300.000 euros, a contratación é preferentemente a menores de 30 anos e a duración do contrato vai de seis meses a un ano.
Outro dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno é o proxecto de colaboración coa Deputación de Pontevedra para apoiar ao aeroporto de Vigo. Concretamente, o organismo presidido por Carmela Silva financiará un concurso público para operar as conexións de Peinador con Valencia, Vigo e Ibiza, que nestes momentos ostenta Volotea.