xoves, 22 set 2016
O goberno local aprobará mañá venres o convenio polo que a Deputación de Pontevedra apoiará voos no aeroporto de Vigo. Deste xeito, o organismo provincial asumirá o custo do concurso público que cubre nestes momentos as conexións con Valencia, Ibiza e Palma de Mallorca.
xoves, 22 set 2016
O alcalde de Vigo participou este xoves na presentación do Centro de Asesoramento SmartPeme de Vigo, impulsado pola Deputación de Pontevedra, nun acto no que tomou parte xunto áa presidenta provincial e tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva. Abel Caballero salientou a cooperación existente entre ambas institucións.
xoves, 22 set 2016
Caballero explicou que este xoves, 22 de setembro, na rúa do Príncipe, o goberno de Vigo celebra a data con numerosas accións, ademais de facer gratuitas hoxe as liñas do bus que van ao novo hospital e as liñas 6, 12B e 18 para os usuarios que suban nas paradas do Álvaro Cunqueiro.
xoves, 22 set 2016
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os obradoiros "ESCRIBIR A NOSA HISTORIA" , "GRAFFITI: TÉCNICAS BÁSICAS" e "CLAVES PARA O EMPODERAMENTO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES". Os obradoiros son de de carácter gratuíto e se impartirán na Casa das Mulleres. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás persoas empadroadas en Vigo e que non realizaran esta formación con anterioridade.