Escoitar

152 estudantes saíron hoxe ao Reino Unido a estudar inglés coa bolsa do Concello

O rexedor define como "éxito excepcional" o programa "Vigo en Inglés" ao que o goberno local destina 1.500.000 euros e do que gozarán este ano 617 alumnos e alumnas viguesas que pasarán un mes aprendendo esta lingua e convivindo cunha familia no Reino Unido e en Irlanda.

mércores, 21 set 2016
1474461469becas3.JPG
Abel Caballero despediu este mércores no aeroporto de Peinador a dous novos grupos de estudantes que partiron cara ao Reino Unido a aprender o idioma grazas ao programa municipal "Vigo en Inglés 2016".

Os 152 alumnos e alumnas viguesas, que cursan Bacharelato, pasarán un mes aprendendo a lingua e convivindo cunha familia nativa. Proceden de diferentes institutos da cidade: IES Alexandre Bóveda, IES Beade, IES Politécnico, IES San Tomé de Freixeiro, IES Santa Irene, Amor de Dios, IES Coruxo, Alborada, Atlántida, IES Álvaro Cunqueiro, IES Carlos Casares, IES Rosais 2, San Blas, Montesol e San José de Cluny.

O alcalde adiantou que mañá xoves sairán os dous grupos de alumnado que falta para completar o total de 420 bolseiros deste ano, que se suman aos 150 estudantes que marcharon no mes de xuño, ata as 617 bolsas concedidas neste curso académico. O Concello destina a este programa do que xa se beneficiaron "4.000" mozas e mozos vigueses, 1.500.000 euros.

Para o rexedor, o programa municipal de bolsas de inglés é un "éxito excepcional" e responde ao modelo que quere seguir o seu goberno para que "todos os nenos e nenas falen castelán, galego e inglés e que teñan esta oportunidade" de ir fóra, algo que, menciounou, antes non acontecía "cando cheguei ao Concello ían estudar inglés os fillos dos donos das fábricas e agora van todos os nenos e nenas que o piden".

Descargar todas as imaxes