O alcalde recibe ao alumnado que realizará prácticas de avogacía no Concello
Un grupo de once estudantes vigueses do Máster en Avogacía da Universidade de Vigo inician este luns un período de case un mes de aprendizaxe en diferentes departamentos municipais nos que poderán poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante a súa formación. Abel Caballero deulles a benvida ao Concello e desexoulles que sexa unha etapa proveitosa na súa traxectoria profesional. Amais, adiantou que todo o alumnado do máster realizará prácticas no consistorio, en diferentes grupos.