O alcalde reclama ao IMSERSO que rectifique e programe máis voos dende Vigo
A decisión "desafortunada" do IMSERSO de reducir de 100 a 38 os voos programados dende Vigo supón un "castigo", segundo o rexedor, para Vigo e todo o sur da provincia de Pontevedra", xa que obriga aos maiores a desprazarse ata Santiago.
Abel Caballero amosou este xoves o seu rexeitamento á "desafortunada decisión" do IMSERSO de reducir o número de voos con saída dende o aeroporto de Vigo para as viaxes dos maiores. Esta temporada están previstos 38 cando en 2015 foron 100, segundo apuntou o rexedor, "francamente bos en nivel de ocupación" por iso lle pediu ao Instituto de Maiores e Servizos Sociais que "modifique esta decisión" que "dana" ás persoas.
Considera o alcalde olívico que "non se pode castigar a Vigo e todo o territorio sur da provincia de Pontevedra e Galicia nunha área de ata 800.000 persoas" que deben desprazarse ata Pontevedra polos seus propios medios e dende alí ata o aeroporto de Santiago en autobús para poder iniciar a súa viaxe. Lembrou que "Vigo existe, ten aeroporto e queremos que se use" rexeitando "totalmente" unha decisión que "ten perfís políticos claramente determinados".
Así, Caballero anunciou que enviará un escrito a todos os alcaldes e alcaldesas dos municipios que conforman a Área Metropolitana e da súa ampliación para poñer no seu coñecemento esta determinación do IMSERSO "absurda, ilóxica e na contra da área de Vigo".