Caballero advirte de que o plan de tráfico en colexios é "prioritario" para o goberno de Vigo
Co inicio de curso este luns entra de novo en vigor o plan de tráfico nas entradas e saídas aos centros, con espazos reservados para deixar e recoller a escolares en horas establecidas. O alcalde anunciou tolerancia nos primeiros días para despois ir pola "vía coercitiva" se é preciso, para garantir a "seguridade" do alumnado e a "fluidez" da circulación.