martes, 13 set 2016
O goberno local vén de aprobar as ordenanzas fiscais para o 2017, deixando conxeladas a gran maioría das taxas, impostos e prezos públicos, e mantendo as bonificacións e exencións existentes. Con 492 euros, Vigo segue a ser a cidade galega con menos presión fiscal por habitante.
martes, 13 set 2016
Abel Caballero rubricou este martes o acordo cos responsables de Aqualia, segundo o cal se concederá cen euros mensuais durante seis meses ás familias en situación de exclusión social, adicando a este plan un total de 30.000 euros. <br />
martes, 13 set 2016
Durante a visita que realizou hoxe ao centro polo inicio do novo curso no ensino Infantil e Primario, Caballero informou da dotación por parte do Concello ao centro dun columpio adaptado para que o alumnado con discapacidade poida xogar en igualdade de condicións. Amais, incidiu na importancia do plan de tráfico posto en marcha nos colexios pedindo a cooperación veciñal para respectalo.
martes, 13 set 2016
Abel Caballero amosou este martes a súa "satisfacción" porque a sesión plenaria da Zona Franca da tarde de onte aprobara por unanimidade tres mocións presentadas polo alcalde: a ampliación do PTL, a ampliación do polígono industrial de Balaídos-Citroën e "o primeiro paso para a rehabilitación e recuperación da Panificadora".