O Pleno da Zona Franca apoia por unanimidade o plan municipal para rehabilitar a Panificadora
Abel Caballero amosou este martes a súa "satisfacción" porque a sesión plenaria da Zona Franca da tarde de onte aprobara por unanimidade tres mocións presentadas polo alcalde: a ampliación do PTL, a ampliación do polígono industrial de Balaídos-Citroën e "o primeiro paso para a rehabilitación e recuperación da Panificadora".
Abel Caballero, alcalde e presidente do Pleno de Zona Franca, presentou na sesión plenaria do Consorcio celebrada na tarde de onte tres mocións que obtiveron o respaldo unánime dos alí presentes. O rexedor amosou hoxe a súa "satisfacción" pola "acollida" que tiveron as súas propostas.
Na cita de onte deuse "o primeiro paso para a rehabilitación e recuperación da Panificadora", explicou o alcalde. A proposta aprobada contempla asinar un convenio Concello-Zona Franca para conservar, rehabilitar, poñer en valor e dotar de usos públicos" ao citado ámbito, exemplo do pasado industrial vigués.
A proposta indica que o Concello redactaría os instrumentos de planeamento e xestión necesarios para a adquisición dos bens e dereitos existentes no ámbito, e incluso se propón que o Consorcio sufrague dous terzos e o Concello, o terzo restante.
O Pleno validou ademais a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares, cunha tramitación ben cun proxecto sectorial, ben cun proxecto urxente ao amparo da lei 3/2016 de Medidas en Materia de Proxectos Públicos de Urxencia ou de Excepcional Interese. Esta mesma vía se empregaría para a ampliación do polígono industrial de Balaídos-Citroën, tamén aprobada onte.
Descargar todas as imaxes