O Concello exime aos cidadáns do pago de 7,1 millóns polas bonificacións fiscais aplicadas
O goberno local vén de aprobar as ordenanzas fiscais para o 2017, deixando conxeladas a gran maioría das taxas, impostos e prezos públicos, e mantendo as bonificacións e exencións existentes. Con 492 euros, Vigo segue a ser a cidade galega con menos presión fiscal por habitante.
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria celebrada onte luns, aprobou as ordenanzas fiscais do Concello para o ano 2017, que recollen a conxelación da gran maioría dos impostos, taxas e prezos públicos municipais (lixo, IAE, IBI, ICIO, circulación, zona azul, escolas infantís, axuda no fogar, instalacións deportivas...), polo que as tarifas serán as mesmas deste ano.
"Son substancialmente a repetición das taxas, impostos e prezos públicos do último ano; prodúcese polo tanto unha conxelación nominal" destas, explicou Caballero. O goberno de Vigo, engadiu, acomete unha "redución importante" dun 10% no imposto de rodaxe ás motocicletas de máis de 125 centímetros cúbicos, que vén precedido dunha rebaixa igual no anterior orzamento. O recibo da auga experimentará unha suba do 2,1%, o que se traduce en 32 céntimos ao mes.
O alcalde valorou tamén que se manteñen todas as bonificacións e exencións fiscais existentes ata o momento, unha política fiscal que permite á cidadanía aforrar o pago de 7.156.000 euros ao Concello. Segundo detallou, as bonificacións no IBI supoñen 4.157.000 euros, no lixo ascenden a case 300.000 euros, en vehículos suma un millón e medio de euros, a plusvalía engade outros 800.000 euros, 210.000 euros máis no ICIO e polo IAE, outros 190.000 euros.
No Imposto de Actividades Económicas, ademais das bonificacións, o Concello exime do seu pago a autónomos, persoas físicas e sociedades cunha facturación anual inferior ao millón de euros. No tocante ao lixo, o rexedor vigués recordou que o goberno que preside continúa sen repercutir nos vigueses o canon autonómico a SOGAMA, que supón case 50 euros no recibo.
O último dato oficial fixa a presión fiscal de Vigo en 492 euros por habitante, a máis baixa das cidades galegas e por debaixo da media de España, que acada os 597 euros. A Coruña suma 550 euros, en Pontevedra ascende a 559 euros, en Santiago é de 585 euros, polos 657 de Ourense e os 745 euros de Sanxenxo. Abel Caballero recordou que o Concello de Vigo ten débeda cero.
Pago a provedores
"Vigo é a administración que paga mellor e máis rápido de toda Galicia, incluídos todos os concellos, incluídas todas as administracións da Xunta de Galicia", asegurou Caballero este martes. A cidade olívica paga 7,5 días antes do prazo estipulado, seis días máis rápido que Pontevedra, que tamén abona por debaixo do límite. Por enriba do límite sitúase a Xunta de Galicia, que abona 17,2 días sobre o prazo estipulado, tamén A Coruña (con 21 días), Ourense (34 días máis) e Lugo (60 días sobre o prazo).