O goberno de Vigo aproba humanizacións na Avenida de Galicia, Bueu e Rosalía de Castro
Segundo informou Caballero este mércores, o goberno local vén de aprobar os proxectos para novas humanizacións na Avenida de Galicia, na rúa Bueu e en Rosalía de Castro por un importe total de 1.354.000 euros. Tamén validou case dous millóns para asfaltados e 365.000 euros para renovar equipos de Bombeiros
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de obras de humanización na Avenida de Galicia, a terceira fase dun novo bloque de reformas en Teis, cun importe de 174.000 euros e un prazo de execución de catro meses, segundo informou Abel Caballero en rolda de prensa.
O alcalde tamén trasladou a aprobación do proxecto de humanización da rúa Bueu, cun importe de 300.000 euros e tres meses de prazo estimado de obras, e do expediente de contratación da humanización do treito de Rosalía de Castro que une as rúas Canceleiro e Serafín Avendaño. Neste caso, o investimento ascende a 880.000 euros e a obra arrancará en novembro ou decembro para concluír o próximo ano, seguindo as estimacións municipais.
Asfaltados
O goberno de Vigo tamén validou o expediente de contratación dos traballos de renovación de firmes en vías municipais, asfaltados "masivos en toda a cidade", explicou Caballero, nos que o Concello inviste preto de dous millóns de euros.
O alcalde avanzou que se asfaltarán diversas rúas de Bembrive, Lavadores, Cabral, Candeán, Teis, Saiáns, Oia, Coruxo, Navia, Alcabre, Comesaña, Valladares, Matamá, Beade, Castrelos, Sárdoma, Bouzas, o Calvario e Coia.
Outros acordos
Caballero informou doutros asuntos abordados pola Xunta de Goberno Local, como a aprobación dun convenio coa Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas para difundir a cultura mariñeira e das embarcacións tradicionais.
O goberno de Vigo tamén aprobou o expediente de contratación para renovar equipamento do Servizo de Bombeiros da cidade, no que se investirá 365.000 euros para un novo grupo de aspiración de auga, outro de excarceración, un novo xerador de corrente e un novo compresor de aire. "Queremos ter aos bombeiros co mellor material existente en cada momento", apuntou Caballero.