O Concello súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer
Caballero anunciou este luns que os autobuses urbanos difundirán a campaña e as fontes de Aragón se iluminarán para conmemorar o Día Mundial, este mércores, 21 de setembro. O presidente de AFAGA informou das actividades programadas e reclamou a creación en Vigo dunha Unidade de Demencias.
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Galicia (AFAGA), Juan Carlos Rodríguez, presentaron hoxe luns as actividades programadas para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer, este mércores, 21 de setembro.
Na súa intervención, Abel Caballero manifestou que "hai que seguir avanzando nos obxectivos e no apoio aos enfermos e familiares", solicitou "apoio e investigación" ao efecto e reiterou o "compromiso" do goberno de Vigo de estar ao lado de AFAGA para esta data e "todo o ano". O Concello de Vigo súmase á conmemoración do 21 de setembro iluminando as fontes da rúa Aragón e difundindo a campaña nos autobuses urbanos da cidade.
Pola súa banda, o presidente de AFAGA explicou que o lema da xornada deste ano é "Marcándolle o paso ao alzhéimer", en referencia á necesidade de avanzar na consecución dos obxectivos das asociacións. Rodríguez explicou que estes son a declaración desta doenza como prioridade de saúde pública, o recoñecemento automático do 33% de discapacidade á persoa diagnosticada, impulsar unha Política de Estado de Alzheimer -establecendo en Galicia unha Estratexia Transversal de Atención ás Demencias que involucre a todos os eidos da administración pública-, o recoñecemento público da figura do Coidador Familiar -dotándolle de recursos oportunos durante a etapa de coidado e unha vez o coidado rematou- e a modificación do actual sistema de copago dos centros de día especializados en alzhéimer.
Para sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre a problemática do alzhéimer e outras demencias, AFAGA organizou unha andaina solidaria en Santiago de Compostela, na que participaron sobre seiscentas persoas- e programou outras accións e actividades en Vigo, coma o relatorio "Alzhéimer e estilo de vida. Pódese previr a enfermidade?", a cargo de Carlos Spuch (investigador senior do Grupo de Neuroloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur) e de María Pérez (Dietista-nutricionista clínica do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia), que terá lugar no edificio municipal de Areal este xoves ás 19:30 horas, con entrada libre.
A Asociación promove ademais mesas informativas na peonil do Calvario na mañá do propio mércores, 21 de setembro, e leva adiante unha campaña informativa nas farmacias de Vigo e Pontevedra sobre o alzhéimer.
Unidade de Demencias no CHUVI
Con motivo da celebración do Día Mundial, o presidente de AFAGA quixo insistir na necesidade "fundamental" que ten a área sanitaria de Vigo, a maior de Galicia, de contar cunha Unidade de Demencias. A cifra de persoas afectadas por demencias na área Sanitaria de Vigo achégase xa a 15.000, explicou Rodríguez, e todos eses pacientes necesitan un equipo de profesionais multidisciplinar que mellore a detección precoz e a atención especializada.
A Unidade concentraría as demencias do sistema sanitario. Indica Rodríguez que agora en Vigo existe un "desbaraxuste de información" que conleva a carencia dunha "especialización na atención". Por outra banda, estas enfermidades son de longa duración, co que non so basta coa diagnose, "é fundamental o seguimento, que so se podería facer con esta Unidade". O servizo tamén ofrecería atención especializada para coidadores polas patoloxías específicas que poidan existir: angustia, depresión, etcétera. "Diagnose precoz, seguimento e atención ás persoas e aos seus familiares", resumiu o presidente.
Rodríguez explicou que existe unha Unidade de Demencias en Santiago de Compostela e "entendemos que aquí en Vigo se podería poñer en marcha sen ningún tipo de problema: existen médicos con vontade para levala a cabo e o que necesitamos e o impulso político para facelo", concluíu o máximo responsable de AFAGA.
Descargar todas as imaxes