O goberno de Vigo aproba a reforma do campo de fútbol do Carballal por 680.000 euros
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación do servizo de aplicacións informáticas por un importe de 139.000 euros e o servizo de mantemento e reparación dos contedores soterrados por un valor de 70.062 euros. A renovación do campo do Carballal sae a licitación por 680.000 euros
Co obxectivo de que "todos os nenos e nenas de Vigo practiquen fútbol en campos de herba", o Concello renovará o campo do Carballal-A Bandeira, tras a aprobación do proxecto básico e de execución das obras aprobado pola Xunta de Goberno Local por un importe de licitación 680.000 euros.
Segundo explicou o rexedor, nunha primeira fase vaise instalar herba artificial e acondicionarase un talude amais de pechar a parcela e, máis adiante, acometerase a reforma dos vestiarios e será construída a bancada. Amais, Caballero explicou que o seu goberno ten pendente de executar unha partida para a instalación de herba no campo de fútbol do Colexio Hogar, para o que falta a autorización da Fundación Abanca que "confía" en ter pronto.
A Xunta de Goberno local aprobou tamén a contratación dos servizos de mantemento e soporte de aplicacións informáticas do Concello por un importe de 139.000 euros e a adxudicación da contratación dos servizos de mantemento e reparación das instalacións de contedores soterrados municipais, por valor de 70.062 euros